Aviso legal
COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL, en diante AREA CENTRAL, en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle de que:
– Denominación social: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL
– NIF: H-15.431.273
– Teléfono de contacto: 981 56 08 45
– Domicilio: Edificio Area Central Sot-1 LA4, 15707 Santiago de Compostela – A Coruña
– Enderezo de correo electrónico: informacion@areacentral.es
As condicións establecidas a continuación regulan o uso permitido da páxina web https://www.areacentral.es
Política de Privacidade de datos persoais
Os datos persoais vinculados a esta web respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como o resto de lexislación e normativa vixente en materia de protección de datos.
Finalidades para o tratamento dos seus datos persoais
En particular, os datos que se proporcionen a través da web serán tratados para a xestión do contacto ou da consulta realizada e, se é o caso, para o envío da información solicitada.
Lexitimación do tratamento dos seus datos persoais
A lexitimación do tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que presta ao enviar o formulario de contacto ou a consulta.
Conservación dos seus datos persoais
Os datos serán conservados durante o tempo necesario para a correcta prestación do servizo, así como para atender as responsabilidades que puidesen derivarse do mesmo, incluída calquera outra esixencia legal.
Comunicacións dos seus datos persoais a terceiros
Os datos derivados do contacto e das consultas formuladas non serán comunicados a terceiros.
Transferencias internacionais de datos persoais
Non se van producir transferencias internacionais de datos.
Dereitos dos interesados
Dereito de acceso aos datos, para coñecer se estamos tratando os seus datos persoais, con que finalidades, a orixe dos mesmos, durante canto tempo se conservarán e se os comunicamos ou imos comunicar a terceiros.
Exercicio de dereitos
O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito, adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixirse ao enderezo anteriormente citado. Así mesmo, poñemos á súa disposición modelos para o exercicio de dereitos, que poden recollerse nas nosas oficinas ou obterse no seguinte enderezo: www.areacentral.com/exercicio-dos-dereitos. Para máis información: www.agpd.es
Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control
No caso de que non se respecten os seus dereitos, pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos, situada na rúa Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es
En ambos os casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
Acceso e contidos da web
O acceso á web é público e a información contida na mesma ten carácter meramente informativo. A política da empresa é procurar que os contidos estean sempre actualizados, pero non se responsabiliza das inexactitudes que poidan producirse.
Condicións de uso. Política de cookies.
Cando un usuario accede á páxina web de AREA CENTRAL pode quedar rexistrado o acceso a parámetros tales como o enderezo IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión, etc., que non terán en ningún caso unha finalidade distinta á meramente estatística.
Calquera outro dato de carácter persoal, como nome, enderezo, teléfono, correo electrónico, etc., que non poida ser solicitado polo mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a entidade AREA CENTRAL se o propio usuario non o proporciona a través dun formulario disposto para tal fin.
Propiedade intelectual
Os dereitos de propiedade intelectual dos contidos publicados son de AREA CENTRAL. A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de AREA CENTRAL, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.
Responsabilidades
AREA CENTRAL non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web ou no seu contido, intentando en todo caso que este se atope actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou subsanalos.
Lexislación aplicable
O presente Aviso Legal réxese pola lexislación española.
