o noso
compromiso
compromiso
Un espazo solidario
Desde os nosos inicios como centro comercial en Santiago, en Área Central estamos comprometidos co noso contorno e promovemos e impulsamos campañas de sensibilización, solidariedade e acción social. Somos un lugar de encontro para a cidadanía e un espazo con conciencia. Desde Área Central, apostamos pola construción dun mundo máis xusto e igualitario.
A continuación, facemos un pequeno resumo das iniciativas de carácter social que levamos a cabo e das alianzas que cultivamos con outras entidades co fin de mellorar a nosa contorna:

VISITAS DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
Colaboramos periodicamente coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue difundindo entre os seus clientes a visita da súa unidade móbil.

EXPOSICIÓNS DE ONGS
As ONGs contan en Área Central cun aliado se necesitan un espazo con fluxo de xente onde poder expoñer as súas mostras para dar a coñecer a súa labor social.

ESPAZO SOLIDARIO
Área Central ofrece ás entidades de carácter solidario un emprazamento de alta visibilidade nos nosos corredores para que realicen as súas campañas de captación de socios.

ACTIVIDADES CON FIN SOLIDARIO
Área Central realiza habitualmente actividades lúdicas e exposicións que teñen como fin recadar fondos para iniciativas sociais.

COLABORACIÓN COA CRUZ VERMELLA
O persoal de Cruz Vermella Santiago ten autorización para vender billetes do Sorteo de Ouro e facer as súas campañas de captación de socios polos pasillos de Área Central.
