Os días 3, 4 e 5 de setembro, Área Central celebra os Súper Estrella, unha campaña especial que permitirá aos clientes acceder a unha selección de produtos cun 70% de desconto adicional sobre o prezo outlet. A promoción converte estes tres días nunha das oportunidades de compra máis atractivas da tempada.
A iniciativa busca incentivar as compras nos establecementos participantes, premiar a fidelidade dos clientes e ofrecer unha experiencia de compra única grazas a unhas condicións comerciais difíciles de atopar noutras datas do ano.
Os consumidores poderán identificar facilmente os comercios adheridos coa comunicación específica da campaña nos seus escaparates e descubrir en cada establecemento os produtos incluídos nesta acción promocional.
